Nova campaña de descontos de inverno no comercio de Ordes
Organizada por Aecor Centro Comercial Aberto, desenvolverase dende mañá ata o próximo sábado. Participarán preto de 30 establecementos
Dende mañá e ata o próximo sábado, 22 de febreiro, Ordes será lugar máis que recomendable para as persoas que queiran seguir beneficiándose de compras con desconto. Aecor Centro Comercial Aberto organizou para estes días unha nova campaña de oportunidades de inverno. Nela unha trintena de establecementos de todo tipo ofrecerán descontos especiais. Para unha maior difusión, nas súas redes sociais xa se poden visualizar os vídeos promocionais nos que moitos destes comercios mostran os seus produtos e servizos.
“Pódese dicir que se trata dun outlet pero en vez de ter lugar nun espazo común os/as comerciantes fano no seu propio establecemento sen ter que desprazarse a ningures”, explican dende Aecor. Moita moda, roupa para o fogar, óptica, decoración, xoguetes, deportes.... Todo terá descontos moi significativos para a clientela.
Concretamente as firmas que participan son: Calzados Capitán, Confecciones Blanco, Mercería Arco Iris, Numa, Peteiro, Mercería-lencería Andrea, As Puntadas, Dress, Ekaté, La Oca Verde, Mercería Evi, Mis Personajes, Moda xoven A. Ferreiro, Silvia Vieites, Sportec, Tasmania, Teresa Álvarez. A Casa das Medias, Decopecho, Feitiños, Javier Alfonso Moda, Kyrie Novia y Ceremonia, Pasos, Óptica Pilar Mariño, Juan Carlos Varela Candal, Tiko Doco, 3 Lápices, Unik@, Dequip Ordes y Multiópticas Verónica Dono.
Tanto o Concello de Ordes como a Xunta de Galicia participan na campaña.