Terá lugar o día 28 e o número de prazas está limitado a 25, polo que haberá que inscribirse previamente.

Entre bechos anda o conto. Este é o título do próximo contacontos que dentro do programa Tardes de Contos e Lendas vai ter lugar na biblioteca municipal de Ordes. Nesta ocasión correrá a cargo do grupo Galeteatro e contará coa participación de Tone Martínez. A cita está posta para o venres 28 de febreiro ás 18.30 horas e está dirixida a nenos e nenas con idades que abrangan entre os 5 e os 8 anos. 

Para poder asistir haberá que inscribirse previamente xa que o número de prazas está limitado a 25 persoas. Poderase facer presencialmente nas propias instalacións da biblioteca, situadas na rúa Xoxardo, ou ben chamando ao teléfono 981681992 de 8 a 15 horas.