Excursión a Salamanca, La Alberca e Zamora
Terá lugar do 21 ao 23 de marzo e inclúese transporte, hotel, comida e guía turístico. O prazo de inscrición rematará o 27 deste mes.
Veciños e veciñas de Ordes terán a posibilidade de visitar Zamora, Salamanca e La Alberca os próximos días 21, 22 e 23 de marzo (saída de Ordes ás 15.30 horas). Durante os tres días realizarase unha excursión que inclúe hotel, transporte, comida e guía turístico. O prezo total é de 260 euros por persoa (suplemento de habitación individual 28 euros/noite).
Aquelas persoas que queiran acudir teñen de prazo ata o 27 de febreiro para apuntarse. Deberán facelo no departamento de Cultura do Concello (tel 981680002, ext. 4). Serán necesarias un mínimo de 40 persoas para poder levar a cabo a actividade.