Curso de competencias dixitais para persoas desempregadas de Ordes
De nivel básico, impartirase de balde dende o mes de marzo ata maio.
O departamento de Emprego do Concello de Ordes ofrécelles aos veciños e veciñas inscritos como demandantes de emprego en Emprego Galicia a oportunidade de participar de balde nun curso de competencias dixitais. Impartirase na Casa da Cultura dende o 10 de marzo ata o 22 maio de 9 a 14 horas e será de nivel básico, cunha duración total de 200 horas. Traballarase sobre coñecementos dixitais vinculados coa busca e xestión de información, creación de contidos, resolución de problemas, seguridade e civismo, así como á comunicación e colaboración con ferramentas informáticas. Unha vez finalizado o curso as persoas que superen a formación recibirán, ademais do título oficial acreditativo, unha computadora portátil de agasallo.
Quen o desexe poderá asistir sen compromiso ningún á xuntanza informativa convocada para o 24 de febreiro ás 11 horas na Casa da Cultura de Ordes (Rúa Galicia, 25). Tamén se pode contactar chamando ao teléfono 604039575 ou a través do correo electrónico dixigalizate@araformacion.es.
Esta actividade conta coa participación e colaboración de ARA Formación; Beproject Consultores; Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; Fondos Next Generación UE; Ministerio de Trabajo y Economía Social, además de Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.