Dende o luns ata o venres non se poderá circular polo tramo da ponte

O tramo da ponte da estrada ao encoro de San Cosmade permanecerá pechado por obras de mellora e arranxo. A circulación quedará suspendida dende a primeira hora do vindeiro luns ata o venres 21 de febreiro ás 17.30 horas aproximadamente. Así o vén de anunciar Escavacións e Obras Cerceda S.L., empresa responsable da execución desta intervención.

Para máis información pódese chamar ao teléfono 676 975 533.