Concurso de carteis da XXVI Festa do Lacón con Grelos
Data do evento: 22 e 23 de marzo de 2025.
Prazo para presentar carteis: do 27 de xaneiro ao 10 de febreiro de 2025 ás 14:00 h.
Premios:
-
Cartel gañador: 300 €
-
Segundo clasificado: 150 €
Requisitos principais:
-
Participantes: alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria matriculado nos CEIP Campomaior, CEIP ADR Castelao e CEIP Mesón do Vento do Concello de Ordes.
-
Medida do cartel: 60 x 44 cm, formato vertical.
-
Contido obrigatorio: "Concello de Ordes", "XXVI Festa do Lacón con Grelos", "22 e 23 marzo" e un espazo reservado para a programación.
-
Técnica: libre, traballos orixinais e inéditos.
-
Entrega: Rexistro xeral do Concello de Ordes, acompañados dun sobre lacrado cos datos do autor/a e autorización do pai/nai/titor/a.
Máis información nas bases reguladoras.