O Mercado Artesanal de Nadal abre as súas portas
Dende esta mañá e ata o vindeiro mortas poderanse adquirir pezas artesanais que van dende abelorios, roupa feita a man, doces marroquís, lambetadas, pezas decorativas, licores ou mel
Dende esta mañá xa se pode visitar na alameda de Ordes o Mercado Artesanal de Nadal. Arredor dunha vintena de postos ofrecen os seus produtos e creacións cos que poder agasallar a amigos e familiares nestas datas.
Entre o que alí se pode ver e adquirir figuran pezas tecidas con la, abelorios, sacos de semillas xogos, bonecas, cestos de vimbio, mel, pandeiretas, roupa, bolsos, adornos domésticos, licores, doces marroquís, lambetadas e moito máis é o que se poderá adquirir este ano.
As persoas interesadas en acudir poderán facelo ata o vindeiro martesde 10.30 a 21 horas, agás o último día, o de Noiteboa, que abrirá de 10.30 a 14 h.