A biblioteca municipal foi o lugar escollido para dar a coñecer a que é a primeira novela da escritora local, baluarte do feminismo en Galicia.

A socióloga e escritora ordense Miriam Couceiro Castro presentou esta fin de semana na Biblioteca Municipal de Ordes De óxido e diamantes. Trátase da súa primeira novela e nela abórdase a relación tóxica que manteñen dúas mulleres. O feminismo volve ser unha peza fundamental na narrativa desta autora, que se deu a coñecer coa publicación do seu ensaio A Galiza Feminista: Tebras e Alboradas (2021). Ambos os libros forman parte de colección da editorial Galaxia. 

Na súa presentación Miriam Couceiro estivo acompañada pola escritora coruñesa Emma Pedreira e pola presidenta da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Susana García.

Miriam Couceiro regresa á súa casa para presentar De óxido e diamantes