As actividades de conciliación desenvolveranse dende o 23 de decembro ao 7 de xaneiro.

Ata o próximo 19 de decembro estará aberto o prazo para apuntarse nas actividades de conciliación organizadas polo Concello de Ordes nestas datas de Nadal. Orientado a nenos e nenas  escolarizados de 3 a 12 anos, o Christmas Camp desenvolverase do 23 de decembro ao 7 de xaneiro.

Así, de 9 a 14 horas a rapazada levará a cabo diferentes actividades lúdico-educativas como música en movemento, obradoiros creativos, minichefs, ciencia divertida ou christmas crafts. Tampouco faltarán os xogos grupais e celebracións de Nadal.

O custo do Christmas Camp será de 40 euros, gozando as familias numerosas dun desconto do 50%. Para apuntarse haberá que acudir ao departamento de Educación, situado no primeiro andar do edificio consistorial (981 680 002, ext 3). A ficha de inscrición xa está dispoñible tanto na web municipal como a través das súas redes sociais. Para a contratación doutros servizos complementarios haberá que facelo en liña en escuelacontalento.es (apartado campamentos).

Ordes abre a inscrición para o Christmas Camp