Abre o prazo para participar no Campus Nadal do Jogafán Ordes F.S.
A actividade está pensada para a rapazada entre os 5 e 16 anos
O Campus Nadal 2024-25 organizado polo Club Jogafán Ordes F.S xa ten data de realización. Desenvolverase durante os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro. O horario irá de 9.30 a 13.30 horas e está dirixido á rapazada de 5 a 16 anos.
As persoas interesadas poden aproveitar as vacacións de Nadal para levar a cabo, entre outras dinámicas, exercicios técnico-tácticos relacionados co fútbol sala, ademais da práctica doutros deportes e xogos. O custo desta actividade é de 80 euros para os/as socios/as e de 100 euros para as persoas de fóra. As inscricións haberá que tramitalas, ata o 18 de decembro como data límite, chamando ao 608 451 723.