Ante o falecemento da menor Adriana Carrillo Calvo, como testemuño da dor dos veciños de Ordes e en sinal de condolencia coa familia e persoas achegadas a esta. En uso das atribucións conferidas polo art. 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LBRL), RESOLVO: 
Declarar dous días de loito oficial desde as 00:00 horas do sábado 2 de novembro ata as 24:00 horas do día 3 de novembro, datas nas que as bandeiras dos edificios municipais ondearán a medio mastro.