Subvención ao abeiro da ORDE do 17 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

  • Actuación: ARRANXO DE ACEQUIA TRADICIONAL EXISTENTE NO PASEO RAMIRO RECOUSO LISTE.

  • Expediente: MT814A/15/2024/000020/C.

  • Importe total de 5.068,75 € € (IVE excluído):

    • ANUALIDADE ANO 2024: 2.534,37 €.

    • ANUALIDADE ANO 2025: 2.534,38 €.

Esta subvención finánciase integramente con cargo ao Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 80%, cos fondos propios da Xunta de Galicia nun 14% e cos fondos propios do Estado nun 6%.