Éxito na entrega de composteiros durante a Feira de Ordes pese ao mal tempo.
A xornada informativa e de entrega de composteiros celebrada o pasado 2 de outubro na Feira de Ordes foi un éxito rotundo pese á intensa chuvia. Todos os composteiros dispoñibles foron entregados aos veciños e veciñas empadroados que se achegaron ao posto informativo. A alta demanda superou as expectativas, o que reflicte o crecente interese pola compostaxe doméstica e a reciclaxe de residuos orgánicos no municipio.
O Concello de Ordes anima ás persoas que non puideron obter o seu composteiro a inscribirse na lista de espera a través da web https://ordes.rsu.gal ou directamente nas oficinas do concello. O material será distribuído novamente tan pronto como volva estar dispoñible.
Lembramos que, como parte desta campaña, realizarase un seguimento continuo ao longo do ano, coa visita dunha mestra composteira que supervisará o correcto desenvolvemento do proceso de compostaxe nos fogares participantes.
Esta campaña conta co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co teléfono 647 521 464 ou enviar un correo a residuos@ordes.gal.