Posto informativo e entrega de composteiros gratuítos na FEIRA DE ORDES.
O próximo 2 de outubro, a Feira de Ordes será o escenario dunha xornada dedicada á compostaxe doméstica. De 10:00 a 14:00 horas, haberá un posto informativo na mesma feira, onde se ofrecerá información práctica sobre a compostaxe e se entregará gratuitamente o material necesario para levala a cabo: manual de compostaxe, composteiro, aireador e termómetro.
A iniciativa está dirixida a todos os veciños e veciñas de Ordes que dispoñan dun espazo de polo menos 50 m² para a instalación do composteiro. Debido á dispoñibilidade limitada de composteiros, é preciso realizar unha inscrición previa a través da web https://ordes.rsu.gal/ para garantir a entrega do material. Ademais, realizarase un seguimento ao longo de 2024 para supervisar o proceso de compostaxe.
Esta campaña conta co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co teléfono 647 521 464 ou enviar un correo a residuos@ordes.gal.