BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025
DOCUMENTACIÓN.
Xunto coa solicitude acompañarase a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE (ou documento equivalente) do solicitante e de todas as persoas que formen a unidade familiar, maiores de 16 anos.
b) Fotocopia do libro de familia. No caso de non ter, fotocopia de calquera outro documento que o substitúa.
c) Orzamento do material escolar dun establecemento comercial do municipio, no que se especifique o material adquirido polo/a solicitante.
d) Fotocopia do carné de familia numerosa actualizado (de ser o caso).
e) Certificado de convivencia do solicitante. Incorporarase de oficio.
f) No caso de discapacidade igual ou superior ao 33% dalgún dos membros da unidade familiar, incluído/ao/a alumno/a, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia no 31 de decembro de 2023:
– Certificado emitido polo órgano competente.
– Resolución ou certificado emitida pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez.
– Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou xubilación por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
g) No caso de alumnado en tutela ou garda legal, resolucións acreditativas de tal situación.
h) Xustificantes de ingresos referidos a todos os membros da unidade familiar, mediante os documentos seguintes:
– Fotocopia compulsada da declaración da renda correspondente ao exercicio 2023.
– Informe de vida laboral solicitado nas Oficinas da Tesourería Xeral da Seguridade Social, con posterioridade á publicación desta convocatoria. Se no informe de vida laboral hai períodos de cotización durante o ano 2023 (sexa por traballo por conta propia ou allea ou por prestacións por desemprego), deberá xustificarse documentalmente a orixe e importe destes ingresos durante o ano 2023 mediante: certificado de empresa de remuneracións ou copias de nóminas do período traballado, certificado do INEM da contía da prestación, ou ben calquera outro certificado acreditativo dos ingresos.
De forma complementaria coa documentación anterior achegaranse os seguintes documentos:
– En caso de recibir pensión de xubilación, viuvez, orfandade ou incapacidade, deberán presentar certificado expedido polo organismo competente da cantidade mensual que se percibe.
– Os perceptores da RISGA, certificado da contía mensual que perciben. Xustificante de recibir ou solicitar no INSS a prestación familiar por fillo a cargo (no seu caso).
– No caso de separación ou divorcio, copia da sentenza e do convenio regulador, en caso de incumprimento copia da denuncia por incumprimento da Sentenza.
i) Certificado do centro escolar no que estean matriculados/as, facendo constar a súa condición de Bolseiro/a / Non Bolseiro/a e se o/a alumno/a se atopa repetindo curso ou non.
j) Declaración na que se recolla o conxunto de todas as axudas que teña solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas restantes administracións públicas.
k) Declaración de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social no momento da presentación da solicitude.
l) Autorización para a consulta de datos tributarios e seguridade social.
Cando por razóns alleas ao solicitante, non sexa posible achegar a documentación requirida, poderá ser emendada mediante declaración responsable. No caso de que a documentación non cumpra cos requisitos esixidos ou que a documentación achegada teña erros ou sexa insuficiente, requirirase ao solicitante para que no prazo de dez días emende a falta e atribuír os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixer, de conformidade co establecido no art. 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, LPACAP, considerarase desistido da súa petición, previa resolución, que será ditada nos termos previstos no seu art. 21.
PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: DENDE O 26/09/2024 ATA 18 DE OUTUBRO DE 2024