• O albergue da antiga estación acollerá unha xornada con presentacións de varios casos de éxito e unha mesa redonda sobre o futuro das Vías Verdes

A Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, en colaboración coa Deputación da Coruña, celebra o vindeiro 3 de outubro o segundo aniversario da súa fundación.

O albergue da antiga estación de Cerceda acollerá un evento conmemorativo que contará coa presenza de expertos procedentes do campo do turismo activo e de natureza de Galicia, da Fundación de los Ferrocarriles Españoles, da Asociación Europea de Vías Verdes, e doutras vías verdes de España destacadas por ser referentes neste campo.

O horario será de 10:00 a 13.30 horas e contará con presentacións de varios casos de éxito, e unha mesa redonda sobre o futuro e oportunidades que representan as Vías Verdes como ferramenta de turismo sostible e desenvolvemento rural dos territorios.

O acto contará además con representantes da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e dos concellos da asociación, así como representantes do sector turístico e universitario.

A asociación da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle está integrada polos concellos de Tordoia, Cerceda, Santiago de Compostela, Oroso e Ordes, que colaboran no proxecto de recuperación e dinamización do antigo trazado ferroviario, transformándoo nunha vía verde para uso recreativo e turístico, co obxectivo de promover o turismo sostible e o desenvolvemento comarcal.

A asociación convida a toda a cidadanía a participar desta celebración e coñecer mellor os valores patrimoniais, naturais e culturais que estas vías ofrecen.

Para máis información e inscricións, pódese escribir ao correo aniversarioviaverdectl@gmail.com

Enlace ao boletín de inscrición para a xornada do II aniversario

Enlace programa II ANIVERSARIO VÍA VERDE CTL

A VÍA VERDE COMPOSTELA-TAMBRE-LENGÜELLE CELEBRA O 3 DE OUTUBRO EN CERCEDA O SEU SEGUNDO ANIVERSARIO