OUTONO CULTURAL 2024
-
VENRES 4 OUTUBRO.
Malasombra "DEP"
Premio Vigocultura (Concello de Vigo) 2019
Premio do público “Mostra de Teatro de Malpica” 2018
Compañía: Malasombra producións ( www.malasombra.gal )
Xénero: Comedia
Clasificada: Adultos
Recomendada: A partir de 14 anos
Duración: 75 minutos
Ficha artística
Elenco: Jouse García / Xoque Carbajal
Autoría: Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez
Traducción e adaptación: Xoque Carbajal
Escenografía: Kukas
Iluminación: Xulio Lago
Direccción: Marcos Orsi
SINOPSE
D.E.P. é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: "que mamá morra axiña por favor! ".
D.E.P. mostra unha situación ben recoñecible polo espectador: A PELEXA POLA HERDANZA. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda NON ESTÁ MORTA.
¿Quen non soubo de pelexas entre irmáns por este motivo?
Como din os expertos: "Unha herdanza sen problemas non é herdanza, senón milagre".
Ou como dicían as nosas avoas: "A quen Deus non lle dá fillos, o demo dálle sobriños".
Isto é D.E.P. Unha comedia, claro.
D.E.P. É un espectáculo dirixido a un grande abano de públicos. Tanto a temática, o texto en si, como a posta en escena, resultará de interese a públicos de calquera idade, de diferentes clases sociais e culturais, ben sexa dun ámbito urbano ou rural.
-
VENRES 4 OUTUBRO.
Teatro Ghazafelhos “Ninja”.
Casa da Cultura. 20 H. (TEATRO) + 5 anos.
-
VENRES 11 OUTUBRO.
Malasombra “SÓS”.
Casa da Cultura. 20 H. (TEATRO) +14 anos.
-
VENRES 18 DE OUTUBRO.
Os naufragos teatro “Hugo”.
Casa da Cultura. 20 H. (TEATRO) + 4 anos.