spacer
Ordes impulsa a compostaxe doméstica para fomentar a sostibilidade.

A Casa da Cultura acolleu o pasado 29 de maio unha nova sesión formativa sobre compostaxe doméstica. Durante a sesión, repartíronse gratuitamente 31 composteiros aos asistentes.
Esta iniciativa está aberta a toda a veciñanza de Ordes que dispoña dun terreo cun mínimo de 50 m² no que instalar un composteiro. Aínda hai material dispoñible, polo que instamos ás persoas interesadas a inscribirse previamente a través da web https://ordes.rsu.gal/ para reservalo. A campaña tamén inclúe un seguimento ao longo do ano 2024.

A iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Para máis información, contacta no teléfono 647 521 464.