Máis ca nunca a Alameda de Ordes é punto de encontro para nenos, nenas e adultos, grazas ao programa 'Unha viaxe pola cultura'. Cada tarde o escenario instalado énchese de actuacións muxicais, maxia, música e fantasía, como a que trouxo a 'fada Diana' na súa viaxe polo 'bosque infantil'. Por outra banda na tarde de onte o espectáculo de clown 'Manicus' rexistrou tamén unha boa acollida.  'Unha viaxe pola cultura' é unha iniciativa desenvolvida polo Departamento de Cultura de Ordes, en colaboración coa Deputación da Coruña, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia Galegas das Industrias Culturais.
 

A fada Diana enche de fantasía a Alameda de Ordes