Convocadas as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (Resolución do 11 de decembro  de 2023 - DOG Nº 10 do 15 de xaneiro de 2024) da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.

Datas previstas para a realización das probas: prevese que teñan lugar na segunda quincena do mes de xuño de 2024.

Presentación de solicitudes:

  1. Pode identificarse co DNI, NIE ou pasaporte. No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar necesariamente copia coa solicitude (ver artigo 7.a da Resolución). 

  2. No caso de presentarse ás probas dos dous niveis de cualificación 2 e 3, só é necesaria unha única solicitude.

  3. NON solicitar competencias aprobadas en anteriores convocatorias; consultar o “Busca de resultados das probas”.

  4. Preferiblemente, presentar a solicitude por vía electrónica, para o que debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia: Chave 365, DNI electrónico ou certificados dixitais (artigo 5.2 da resolución de convocatoria).
    Para a presentación electrónica debe seguir os seguintes pasos:

    • Acceder á sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal e buscar o formulario de solicitude do procedemento TR306A–Probas de competencias clave

    • Dentro da pestana “Presentación” premer na icona “Tramitar en liña”

    • Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar, presentar e obter recibo.

  5. No caso de solicitudes cubertas a man:

    • Prégase claridade nos datos;

    • É necesario indicar o número de DNI, NIE ou Pasaporte;

    • Non esquecer asinar a solicitude. 

Prazo de presentación de solicitudes: do 16 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

As persoas que estean interesadas nas clases de apoio deben poñerse en contacto no teléfono 981680002 (ext. 6) departamento de emprego.