PROXECTO PARQUE SOLAR FOTOVOLTAICO MEIRAMA E A SÚA INFRAESTRUTURA DE EVACUACIÓN
- Expediente Enerxía: IN408A 2023/007-1
- Denominación do proxecto: “Parque solar fotovoltaico Meirama e a súa infraestrutura de evacuación”
- Solicitante/promotor: EWD FV IV Sociedad LImitada. CIF B02963270
- Situación: Ordes
No taboleiro de anuncios deste Concello, durante o prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación no DOG do Acordo, de data 22/12/2023, da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de produción fotovoltaica de enerxía eléctrica e a súa instalación de evacuación no termo municipal de Ordes (expediente IN408A 2023/007-1).
A documentación poderá descargarse a través desta ligazón:
https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/JZT4ezzaR7ApL8i
A documentación tamén estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfono 981 184 902), de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Ademais, tamén se poderá consultar no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-dexeracion