Iníciase o procedemento de propostas de persoas candidatas para a celebración da IV GALA DO DEPORTE DE ORDES, que terá lugar o vindeiro 22 de decembro.
Para isto, facilitámoslle á poboación de Ordes o documento co que se poderán presentar as persoas candidatas que se consideren nas categorías propostas (máximo de tres por categoría). Débese entregar, xunto co documento, un currículo deportivo de cada persoa proposta.

ENTREGA DE PROPOSTAS ATA O 15 DE NOVEMBRO

IV GALA DO DEPORTE DO CONCELLO DE ORDES