spacer
CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE ORDES PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS  DURANTE OS ANOS 2023-2024

O Concello de Ordes iniciou os traballos de tratamentos preventivos de xeito mecanizado de 73,58 Ha nas marxes das vías e camiños forestais de titularidade municipal das parroquias de ARDEMIL, BUSCÁS, LESTA e MERCURÍN, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ordes para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais  durante os anos 2023-2024, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

  • Superficie subvencionada (anualidade 2023): 73,00 Ha

  • Importe da axuda correspondente á anualidade 2023: 23.360,00 €