• A cidade deportiva de Vista Alegre conta con dispositivos intelixentes ao nivel dos grandes estadios do mundo para o mantemento do céspede.

  • O complexo, casa da S.D Club Órdenes e outros equipos locais, é pioneiro na xestión do céspede con Husqvarna CEORA™, obtendo resultados exemplares durante esta temporada 22/23.

  • O modelo instalado está revolucionando o mantemento de campos deportivos grazas á automatización das tarefas e á redución do 83% de emisións de CO2 respecto aos cortacéspedes tradicionais que utilizan combustibles fósiles.

  • O Concello de Ordes, para o coidado do céspede do seu campo de fútbol local, apostou pola última tecnoloxía de Husqvarna na xestión de campos deportivos: o robot cortacéspede Husqvarna CEORA™.

«Desde o Concello estamos moi satisfeitos coa xestión do céspede co dispositivo intelixente de Husqvarna no campo de fútbol municipal Vista Alegre. Agardamos estender a colaboración con Husqvarna por moitos anos máis, e que os usuarios e usuarias das instalacións continúen gozando dun campo de primeira.», sinala José Luis Martínez, alcalde do Concello de Ordes.

O dispositivo elixido para este acordo é o robot cortacéspede intelixente CEORA™ 546 EPOS, que se instalou en outubro de 2022, meses antes da súa comercialización en España. Consegue un céspede máis denso, e máis verde grazas ás melloras introducidas: o sistema de detección de obxectos por ultrasón elimina o tempo de interrupción por atascos; o funcionamento a batería reduce as emisións a cero; e a xestión a través dunha app permite controlar o robot desde calquera localización en tempo real.

Esta alianza entre o Concello de Ordes e Husqvarna permitiu a xestión do céspede de forma autónoma, axudando aos equipos de mantemento desde o comezo da temporada 22/23.
Na cidade deportiva de Vista Alegre adestran a diario diferentes clubs ordenses, entre os que destaca a S.D. Club Órdenes en categoría Preferente Galicia. «A xestión do campo con CEORA non só supuxo unha redución de custos no mantemento da instalación, senón que significou un salto importante na calidade do céspede. A transición a un dispositivo intelixente a batería permitiunos reducir a cero as emisións e afianzar o noso compromiso co coidado da natureza», indica Antonio Vázquez, presidente da S.D.C. Órdenes.

A marca Husqvarna, comercializada pola ordense Internaco na península ibérica, é líder mundial en robots cortacéspede, e vén de revolucionar o coidado do céspede coa súa nova solución robótica CEORA™, para un mantemento a grande escala de extensións ata os 75.000 m2. 

«CEORA™ cumpre coas máis altas expectativas das persoas encargadas do mantemento do céspede e dos xestores de campos deportivos. E, en realidade, só estamos vendo o comezo de todas as posibilidades que pode ofrecer.», sinala Víctor Valiña, responsable de vendas de CEORA™ para os mercados de España e Portugal.

Acerca de Husqvarna
Husqvarna, marca comercial do Grupo Husqvarna, é líder de mercado en produtos e servizos innovadores e de alta calidade destinados ao coidado de espazos verdes en parques, bosques e xardíns. Desde 1689, Husqvarna, de orixe sueca, céntrase na investigación e o desenvolvemento, sendo pioneira en robots cortacéspede e motoserras. A creación de valor sostible, a innovación de produto e a dixitalización configúranse como pezas clave no modelo de negocio da compañía. Hoxe, a súa gama de produtos conta cunha nova xeración de robots cortacéspede, riders, motoserras e rozadoiras para uso profesional e particular que se venden en máis de 100 países.

Sobre Grupo Internaco
O Grupo Internaco, fundada en Ordes (A Coruña), está especializado desde 1976 na comercialización de solucións innovadoras, competitivas e de calidade, poñendo á disposición da súa clientela produtos e servizos orientados ao coidado de espazos naturais e do sector da ferraxería e a bricolaxe, a través dunha ampla e especializada rede de distribución. Actualmente, está integrado polas seguintes divisións e empresas: Internaco Bosque y Jardín, Internaco Green Space, Internaco Medio Ambiente, Infaco USA, Internaco Maroc, El Sabio, Max Rain e AG-Group. 
Cun volume de negocio de 123 millóns e máis de 240 empregados ao peche do exercicio 2022, continúa sumando éxitos co desenvolvemento do proxecto El Sabio, a adquisición dun almacén en Meco (Madrid), a compra de Ferreglobal (distribuidora da marca de ferraxería Truper en España) e a adquisición de AG-Group, importador de servizos e solucións no ámbito da maquinaria agrícola, forestal e áreas verdes.

O Concello de Ordes confía en Husqvarna para a xestión do campo de fútbol municipal Vista Alegre