spacer
BANDO MUNICIPAL EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL DAS  ELECCIÓNS LOCAIS 2023

O Departamento de Estatística do Concello de ORDES informa que con motivo das próximas ELECCIÓNS A CORTES XERAIS, que se celebrarán o día 23 DE XULLO DE 2023, ábrese o prazo de consulta e, no seu caso, posibles reclamacións ao CENSO ELECTORAL, do día 5 ao 12 DE XUÑO (ambos inclusive) de forma presencial no Concello de 9,00 a 14,00 horas dos seguintes censos electorais:

  • CER (ESPAÑOIS RESIDENTES ES ESPAÑA)
  • CERA (ESPAÑOIS RESIDENTES NO ESTRANXEIRO)  

O servizo de consulta do censo será realizado por medios informáticos, previa identificación presencial do interesado mediante documento nacional de identidade, pasaporte ou permiso de conducir, no que apareza a fotografía do titular. 

Para dar a máxima difusión entre a cidadania a esta exposición instase en especial á consulta aos grupos que poidan verse particularmente afectados, como os que cumpriron recentemente 18 anos e os que cambiaron de enderezo nos últimos meses. Teñen a súa disposición un teléfono de chamada gratuíta: 900 343 232, 981 217 439.

Non se admitirá ningunha reclamación que non estea asinada polo propio reclamante, que adxuntará ao impreso de reclamación fotocopia do documento que presente (DNI).