AUDITORÍA MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AGUA
RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2022 de Augas de Galicia pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2022 (DOG núm. 130 do 08/07/2022).
-
Auditoría Municipal de Abastecemento de Auga Potable do Concello de Ordes
-
Plan de Actuacions Para a Redución das Perdas de Auga no Concello de Ordes
AUDITORÍA MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AGUA
-
Importe da actuación: 12.584,00 €
-
Importe da subvención: 10.000 €
CONCLUSIÓNS DO ESTADO DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO RESPECTO ÁS PERDAS DE AUGA:
Problemáticas detectadas respecto ás perdas de auga no sistema de abastecemento municipal: Segundo os datos de volumes facilitados, o rendemento da rede de distribución para o ano 2021 aproxímase ó 80 % (77%) e o volume de auga non rexistrada (ANR) no entorno do 23%. Segundo isto, o a un funcionamento da rede estaría en valores intermedios achegándose a un axeitado rendemento. Na actualidade non se dispón de datos rexistrados dos volumes captados polo que non se pode calcular o rendemento teórico hidráulico (RTH%) de todo o sistema de abastecemento. Se ben, a empresa concesionaria do sistema considera que a diferenza de volume entre a auga captada e a distribuída é do 5% aproximadamente. En base a isto, o RTH do sistema para o ano 2021 sería do 73% e polo tanto o volume de auga non rexistrada do 27%.
Para o control dos caudais captados, no ano 2022, a empresa concesionaria do servizo procedeu a instalar contadores nos puntos de captación polo que, nos vindeiros anos, será posible estudar o funcionamento da rede con maior exactitude. Aínda así, ó non dispoñer de equipos de medición nas saídas da ETAP e na entrada dos depósitos non se pode coñecer as perdas reais de auga nas canalizacións entre as instalacións de potabilización e os depósitos de distribución.
Na actualidade o concello conta cun rexistro de contadores no que o 82% dos equipos de medición conta cunha antigüidade superior ós dez anos, correspondéndose cun parque envellecido. A lectura dos contadores particulares realízase de forma manual.
Segundo os datos e as indicacións facilitadas pola empresa concesionaria, a maior parte dos consumos municipais atópanse rexistrados mediante contadores.
Os consumos autorizados non rexistrados no concello, concretamente os consumos non facturados e non rexistrados, correspóndense con fontes, bocas de rega e hidrantes que a día de hoxe non contan con equipos de medición. A rede de distribución non dispón de equipos de medición que permitan a sectorización da rede para un mellor control das perdas de auga.
Non se ten coñecemento de usos fraudulentos da auga no momento da redacción da presente auditoría.
En base ás problemáticas detectadas no sistema de abastecemento municipal, resulta preciso tomar medidas que permitan:
-
Coñecer en detalle o caudal captado mediante o seu rexistro e o control.
-
Reducir as posibles perdas reais (fugas visibles e invisibles) na rede de alta mediante a instalación de contadores/caudalímetros.
-
Reducir as perdas reais na rede de distribución mediante a súa sectorización con contadores.
-
Controlar os consumos autorizados non rexistrados que non se miden na actualidade (hidrantes, bocas de rega, ...)
-
Coñecer e reducir as posibles perdas aparentes relativas ós erros de medición nos contadores municipais mediante a súa progresiva renovación.
-
Continuar coa realización de inspeccións que permitan detectar actividades fraudulentas que dean lugar a perdas aparentes no sistema.