A rapazada das parroquias de Leira e Beán xa conta con tres novos parques infantís
O investimento nas tres novas áreas de recreo chegou a case 48.400 €
O Concello de Ordes vén de informar da apertura de tres novas áreas de ocio e esparexemento para a cativada. Esta fin de semana os nenos e nenas de Bailía e Menlle, na parroquia de Leira, así como os da zona da Igrexa, en Beán xa poden xogar nos novos parques. Tobogáns, banbáns e balancíns son algúns dos elementos cos que xa contan estas áreas de recreo que ademais están limitadas por un valado de madeira. Para maior seguridade contan tamén cun chan recuberto de caucho para evitar lesións en caso de caídas.
O investimento total ascendeu a 48.393,89 euros, dos cales o 80% foron sufragados pola Xunta de Galicia dentro do plan de subvencións para a creación e/ou mellora das infraestructuras, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
