spacer
Falando a música, este venres en Ordes

Trátase dun concerto didáctico dirixido a un público familiar

Este vindeiro venres, 25 de novembro, terá lugar en Ordes o concerto didáctico Falando a música. Será ás 19 horas no Centro Sociocomunitario Isabel Zendal e trátase dunha actividade para desfrutar en familia. 

Da man de Rosa Sánchez e Pablo Carpintero, interpretarase un amplo repertorio a través do cal se mostrará e porá en valor o patrimonio cultural sonoro do país. Ademais, tamén se afondará na música como medio de expresión e manifestación de vital importancia para as persoas e para a súa evolución cultural. 

Esta actividade englóbase no programa de dinamización lingüística Falaredes. Na súa posta en marcha figuran, ademais do Concello de Ordes, a Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22 e a Rede de Dinamización Lingüística.