Da man da Fada de cabelos turquesa, o público asistente desfrutou do espectáculo Cantando con Pinocho, da compañía Rigoletto Teatro

Un bo número de nenos e nenas non quixeron perder o relato Cantando con Pinocho. A compañía Rigoletto Teatro foi a encargada o venres pasado de levar a cabo as Tardes de Contos e Lendas na Biblioteca Municipal de Ordes. Foi unha sesión marcada pola música, que veu da man da Fada de cabelos turquesa. A través das súas cancións o público asistente tivo ocasión de descubrir a importancia de non renunciar aos soños, a da liberdade ou da amizade entre outros aspectos. 

A música, protagonista das Tardes de Contos e Lendas