spacer
ONE DAY CAMP 2022

Xornada de conciliación One Camp Day.

Vai ter lugar o vindeiro 9 de decembro en horario de mañá.

O Concello de Ordes manterá aberto ata o 1 de decembro o prazo de inscrición para participar na xornada de conciliación que terá lugar o venres 9 de decembro. Unha actividade especialmente dirixida aos nenos e nenas de 3 a 12 anos escolarizados no CEIP ADR Castelao, ao ser o único centro do municipio que fai ponte nesta xornada.

Dende as 9 ata as 14 horas a rapazada poderá divertirse no One Camp Day cunha morea de dinámicas como experimentos científicos, cociña infantil, obradoiros creativos, música e movemento ou xogos en grupo.

As inscricións poderán realizarse no departamento de Educación do Concello (981680002 ext. 3). O prezo é de 4 euros, habendo un desconto do 50% para familias numerosas. Ademais, tamén se abre a posibilidade de contratar outros horarios e servizos a través da Escola ConTalento (981697844 / 625433436. Ordes@escuelacontalento.es).