O Concello instala un contedor na alameda para recoller tapóns

A solidariedade de Ordes non coñece de fronteiras. Por este motivo dende o Concello instalouse na mesma alameda un sistema de recollida de tapóns, onde toda a veciñanza pode depositar este tipo de elementos plásticos para axudar a aquelas persoas máis necesitadas. Un xeito de facilitar este labor non só aos veciños e veciñas, senón tamén aos moitos establecementos que viñan habilitando espazos con cubos, contedores, sacos etc para este tipo de recollidas. 

Neste caso a causa que se quere apoiar é o traballo que se vén facendo dende a ONG Axuda a Burundi, encargada do centro Mugabekazi W'ingo. Todo o recadado grazas á reciclaxe dos tapóns destinarase á mellora das condicións sanitarias, educativas etc dos/as menores usuarios/as.  

Hai escasos días varios responsables da ONG Axuda a Burundi achegáronse ata a alameda ordense para agradecerlle ao alcalde o seu apoio nesta iniciativa, a cal tamén se está a levar noutros concellos da comarca dende hai algún tempo. Ana Soneira, concelleira de Medio Ambiente e Deportes tamén quixo estar presente.

Ordes, solidariedade sen fronteiras