Este venres, cita coas Tardes de Contos e Lendas
Rigoletto Teatro ofrecerá o seu espectáculo Cantando con Pinocho.
Este venres os nenos e nenas de 5 a 7 anos teñen unha cita ás 18.30 horas na Biblioteca Municipal de Ordes coas Tardes de Contos e Lendas. Nesta ocasión a compañía Rigoletto Teatro ofrecerá o espectáculo Cantando con Pinocho. A música será o máis destacado dunha sesión na que, a través do ritmo e das composicións, a Fada de Cabelos Turquesa do conto de Pinocho abordará aspectos e valores como a liberdade, a amizade ou a importancia de perseguir os soños.
Debido ao número limitado de prazas aconséllase ás persoas interesadas que se inscriban o antes posible. Terán que facelo en horario de mañá ben presencialmente na mesma biblioteca ou chamando ao teléfono 981681992.