OBRADOIRO DE EMPREGO “BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO V”

Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes xunto cos Concellos de Frades e Mesía. Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante doce meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector forestal, de tres meses máis.

As especialidades que se impartirán son:

  • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.
  • Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Nivel 2.

Todas aquelas persoas interesadas en participar na selección de persoal directivo, docente e de apoio deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia para ditas ofertas ou vincularse a dita oferta a través do portal de emprego da Xunta de Galicia (emprego.xunta.gal) tendo como data límite ata o venres día 19 de agosto de 2022.

Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como data límite ata o xoves 1 de setembro de 2022.

PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DE CALQUERA DE ESTOS MEDIOS:

  • NOS NÚMEROS DE TELÉFONO: 012 ou calquera teléfono da oficina de emprego de Ordes(881 960 455/456/458).
  • A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: http://emprego.xunta.gal
  • OU A TRAVÉS DA APLICACIÓN : MOBEM.