Os concelleiros Susana García e José Manuel Mira foron os encargados de clausurar os cursos de natación que ao longo deste mes de xullo se impartiron na piscina do Muíño. Un ano máis cabe sinalar a gran aceptación e seguimento co que conta esta actividade, chegando a estar inscritos máis de 70 nenos e nenas con idades entre os 3 e os 15 anos. Unhas boas cifras que se volverán a repetir nos cursos previstos para agosto, tal e como se ten constancia por parte do departamento de Deportes. 
No acto de hoxe todas e todos os asistentes ademais dun diploma e dunha medalla recibiron tamén unha bolsa de lambetadas, da que deron boa conta en canto tiveron ocasión. 
 

Clausura dos cursos de natación na piscina do Muíño