Xa está dispoñible o documento coas prescricións para a contratación dos servizos de restauración de cara á celebración da comida da terceira idade que organiza o Concello. Está prevista para o 3 de setembro no pavillón Castelao II e estímase que participen alomenos 900 comensais.

Aquelas pesoas interesadas en consultar as condicións e requerimentos para poder presentar a súa oferta poden facelo a través do perfil do contratante, na páxina web do Concello de Ordes (www.ordes.gal). O importe total destinado ascende a 33.000 euros (IVE incluido). O prazo para a recepción das ditas ofertas por parte do Concello finalizará o próximo 1 de agosto.