• O delegado da Xunta da Xunta clausurou hoxe o obradoiro específico para menores de 30 anos da Mancomunidade de Ordes e o dual que comparten Ordes, Frades e Mesía

  • O representante do Goberno galego subliñou que os programas formativos da Xunta están orientados a cubrir as demandas reais das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, na clausura dos obradoiros de emprego o dual de Ordes, Frades e Mesía e o específico para menores de 30 anos da Mancomunidade de Ordes. Estes programas contaron cun apoio da Xunta de 715.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. No caso do obradoiro dual formaron a 20 alumnos en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e en Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas; e o taller de formación específico para menores de 30 anos que formou a 16 persoas desempregadas en Fábricas de Albanelería e Traballos en Carpintería e Moble.

Trenor explicou a gran utilidade deste tipo de formación porque, ademáis de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego, complementase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna.

O representante do Goberno autonómico destacou o compromiso dos concellos de Ordes, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia, Trazo e Cerceda coa empregabilidade porque levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e conseguen importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afrontan. Ademais, neste caso subliñou especialmente a súa capacidade para unirse e traballar conxuntamente cun obxectivo común para ofrecer aos seus veciños oportunidades de formación e máis posiblidades de atopar un emprego.

O delegado da Xunta apuntou que “unha das apostas máis importantes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade son os programas formativos que, cada vez máis, están orientados a cubrir as demandas reais das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta”. Ademais, engadiu que “outra das apostas importantes é complementar a formación con prácticas en empresas para garantir unha inserción real e duradeira no tempo”. 

Trenor destacou que na comarca de Santiago  estanse a desenvolver 10 obradoiros de emprego, para os que a Xunta reserva  3,5  millóns de euros para mellorar a formación de 184 desempregados. Concretamente, en Santiago de Compostela impartiuse o taller de emprego de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e de confección e publicación de páxinas web e en Ames, compartido con Brión, formáronse aos alumnos en montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas.

Entre outras accións máis importantes da Xunta, que tamén se desenvolven na contorna desta comarca, destacan as Accións Formativas para Desempregados (AFD), que este ano contan con 79 cursos nesta área e cun investimento de máis de 2,8 millóns de euros para formar a 1.185 alumnos e os  sete PIE, (Programas Integrados de Emprego) nos que se están a formar a 700 persoas desempregadas cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros.

Neste senso, Trenor lembrou que en total a Xunta está a investir na comarca de Santiago 7,4 millóns de euros, en 96 programas de formación para axudar a máis de 2.000 desempregados da comarca para facilitarlles a búsqueda dun traballo cando rematen o seu período formativo e as súas prácticas en empresas.

TRENOR SINALA NA CLAUSURA DOS OBRADOIROS DE ORDES, FRADES E MESÍA QUE OS ALUMNOS ESTÁN FORMADOS EN ÁREAS CON ALTA DEMANDA DE TRABALLO