As obras iniciadas en xaneiro remataron recentemente tras un investimento que superou os 250.000 euros

O tráfico rodado así como os peóns xa transitan con toda normalidade polas rúas Camposanto e Casavella tras as obras de humanización efectuadas nos últimos meses. Máis exactamente a intervención arrancou o pasado mes de xaneiro. Tras este período e grazas a un investimento de mais de 250.000 euros, as melloras son máis que evidentes tanto nas beirarrúas e espazos destinados ás persoas que van a pé como na estrada pola que transitan os vehículos. 

Neste sentido, ademais de instalar 978 m² de novas beirarrúas de baldosa de formigón con bordo biselado de granito, tamén se mellorou a rede de abastecemento, a de pluviais, saneamento e o sistema público de iluminación. 

Condutores e condutoras levan días comprobando por si mesmos as vantaxes da aplicación de aglomerado quente, para instalar un novo firme ao longo dun tramo que supera os 3.000 m² ao que se engadiu a rúa Laranxal, tras repararse previamente as fochancas existentes con grava e rega semiprofunda.

Relativo á rede de pluviais instaláronse 640 metros de tubaxe, sumidoiros e novos pozos de rexistro. Os mesmos metros de tubaxe precisou o Concello para a posta a punto do sistema de saneamento e abastecemento. Precisamente para incrementar a efectividade no servizo tamén se colocaron válvulas e arquetas novas, ademais da reposición das acometidas existentes.

Vehículos e peóns xa transitan con normalidade polas rúas Casavella e Camposanto