• O alcalde e o vicepresidente do Grupo Luckia , asinaron  un convenio de colaboración a fin de que a planta segunda do centro referenciado conte con medios suficientes e apropiados para atender as necesidades e actividades a desenvolver polos seus usuarios.

  • O rexedor lembrou a figura da súa compatriota Isabel Zendal, “todo un exemplo de valentía e solidariedade”, cualidades que, ao seu xuízo, “impregnan o ADN de ordenses emprendedores como son os irmáns González Fuentes”.

  • O vicepresidente de LUCKIA,  Alfredo González Fuentes,  subliñou o firme compromiso e apoio deste Grupo empresarial galego  coa súa contorna, especialmente coas iniciativas sociais orientadas á mellora da calidade de vida dos cidadáns.

O Concello de Ordes e Luckia subliñaron  un convenio mediante o cal a sociedade mercantil, cuxos accionistas maioritarios, os irmáns González Fuentes, teñen a súa orixe en Ordes, colaborará na financiación da dotación integral dos recursos materiais e mobiliario para a planta xuvenil -segunda- do centro sociocomunitario “Isabel Zendal”, centro que prestará servizos de asistencia a distintos colectivos tales como nenos, adolescentes e maiores.

Neste marco, Luckia achegará 21.859,14 euros (mais IVE) a unha causa social exemplar, aportando fondos para a dotación do que está chamado a ser un centro de referencia na Comarca de Ordes, bautizado precisamente co nome de “Isabel Zendal”, filla predilecta de Ordes, quen foi a primeira enfermeira recoñecida pola OMS logo de que fai máis de dous séculos participase, de forma  estoica, na expedición internacional Balmis que levaría a vacina da varíola a América, acreditando coa fazaña “todo un exemplo de valentía e solidariedade”; cualidades que, ao seu xuízo, “impregnan o ADN de ordenses emprendedores como son os irmáns González Fuentes”. Así o manifestou no transcurso do acto de firma do acordo co representante da sociedade mercantil.

O vicepresidente de Luckia, Alfredo González Fuentes, subliñou o firme compromiso e apoio coa súa contorna, especialmente coas iniciativas sociais orientadas á mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Aproxímase a apertura do centro

    Actualmente estanse a acometer os derradeiros traballos no centro sociocomunitario Isabel Zendal, coa colocación da sinalización e ambientación do acceso e dos locais que conforman as tres plantas altas do edificio, sendo a planta baixa de uso polivalente. A planta primeira denominada “Sala Balmis” será de uso exclusivo para os maiores, a planta segunda ou “Expedición” para a xuventude, e a planta terceira ou “22 Ánxeles” acollerá nas dependencias o programa de atención temperá da Mancomunidade de Ordes. Unha vez concluídas as actuacións pendentes, agárdase que o edificio entre en funcionamento co comezo do mes de xuño.

GRUPO LUCKIA COLABORARÁ CO CONCELLO DE ORDES PARA DOTAR DE RECURSOS MATERIAIS A PLANTA XUVENIL DO CENTRO  SOCIOCOMUNITARIO “ISABEL ZENDAL”