spacer
LLEGA700. Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura chegan a Ordes cos despregamentos 4G e 5G 

•    As operadoras de telefonía móbil comezan a ofrecer en Ordes servizos móbiles de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800MHz.

•    A nova tecnoloxía permitirá aos ordenses desfrutar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica.

•    Llega700 é a entidade encargada de garantir a compatibilidade deste servizo coa TDT.

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange,  anunciaron que durante as próximas semanas realizarán en Ordes o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá aos ordenses desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. 

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.  

O proceso de implantación estase realizando de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar o seguinte enlace: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php

O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, de 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 ao 60 de UHF) que ata entón se empregaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, as ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.


Principais vantaxes: máis e mellor cobertura 

Coa nova rede móbil abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición) ao permitir tirar o máximo partido a aplicacións en liña, como os videoxogos.  

A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.

A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videochamada, entre outros.

Ademais, a maior cobertura que alcanza o despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente. 

Garantindo a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e a TDT

Llega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT. 

Para garantir esta compatibilidade, Llega700 presta á cidadanía unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o acendido das estacións, polo que Llega700 se encargará de atender ás usuarias e usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen ningún custo. 

Para xestionar estes servizos, púxose á disposición da cidadanía un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega700.es

Máis información: 
prensa@llega700.es
@llega700