Trémola Teatro ofrecerá A nena que se comía todos os contos 

A nena que se comía todos os contos. Este é o título do próximo espectáculo de narración oral que terá lugar na biblioteca municipal de Ordes este vindeiro venres, 20 de maio, dentro do programa Tardes de Contos e Lendas. Trémola Teatro será a compañía encargada de levalo a cabo para un público infantil con idades comprendidas entre os 5 e os 6 anos. Para poder asistir é necesario inscribirse previamente na mesma biblioteca en horario de mañá ou ben chamando ao teléfono 981681992.