O Concello de Ordes colabora coa iniciativa que terá lugar o día 22.  

O Concello de Ordes colabora coa sección ordense da Asociación Española contra o Cancro na andaina solidaria Ordes en marcha contra o cancro. Unha iniciativa coa que ademais de concienciar preténdese recadar fondos. O prezo para poder participar será de 5 euros para persoas adultas e de 3 euros para nenos e nenas de ata 12 anos.

Terá lugar o 22 de maio e o punto de partida situarase no Campo da Feira ás 10.30 horas. O percorrido irá polo paseo fluvial Ramiro Recouso Liste, Penelas e Vilaverde, para dar volta e regresar polos mesmos puntos. 

As persoas que queiran participar deberán inscribirse no bar Salón ou a través do enlace https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/ordes-en-marcha-contra-o-cancro.