spacer
INTERRITMOS: SONS DO RURAL. 

NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL E DE RAÍZ.

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ordes, Asociación de Desarrollo Local Deloa, , Salnés-Ulla-Umia e Ribeira Sacra-Courel,  asinaron un convenio de colaboración para traballar en rede no Concurso INTERRITMOS: SONS DO RURAL, que busca a potenciación do patrimonio musical galego.

O Concurso está destinado a músicos/as, grupos e/ou bandas instrumentais e/ou vocais, de ata un máximo de 8 compoñentes, con traballos que versen tanto na recreación ou evolución de pezas tradicionais, como en pezas de nova creación que beban da música de raíz.

Para o desenvolvemento de INTERRITMOS primeiro terá lugar un concurso de maquetas en liña. De entre todos/as os/as participantes, un xurado profesional seleccionará seis finalistas que participarán nun encontro musical o 4 de xuño no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove. Neste Encontro Musical, a través dunha actuación en directo, serán seleccionados dous grupos/artistas gañadores.

Os gañadores que realizarán un circuíto musical ao vivo nos territorios implicados, recibirán un premio en metálico de ata 480 euros, ademais poderán tocar no Festival da Luz 2022 e gravar un tema e un videoclip de xeito profesional.

O prazo para a presentación de maquetas está aberto desde o 25 de abril ata o 16 de maio de 2022, ás 14.00 horas, a través do seguinte enlace: https://interritmos.deloa.es

INTERRITMOS SONS DO RURAL contará coa celebración de coloquios e charlas que tratarán de distintos aspectos de temática musical e cultural, nas que participarán figuras de relevancia nestas temáticas e profesionais dos medios de comunicación.

Tanto as bases do concurso, como o programa completo de INTERRITMOS están publicados na web https://interritmos.deloa.es