O Concello de Ordes conta cun novo servizo de pago seguro a través da súa páxina web
A través da páxina web do Concello de Ordes (www.ordes.gal) a cidadanía xa ten á súa disposición un novo servizo en liña que lle facilita os trámites co ente local. Concretamente trátase do novo sistema corporativo de pago seguro das liquidacións emitidas polo Concello. A seguridade deste medio de pago está garantida xa que cada operación se efectúa a través dun servidor que tan só lle permite acceder aos datos á entidade xestora do servizo.
En castelán:
En galego: