Nova charla sobre o sobre o déficit de atención con e sen hiperactividade
Está organizada polo Concello de Ordes en colaboración coa asociación Anhida Coruña. Nela abordarase a problemática entre a poboación estudantil de educación secundaria
Mañá mércores, 30 de marzo, o Concello de Ordes levará a cabo a segunda e última das charlas sobre o trastorno por déficit de atención con e sen hiperactividade. Esta será impartida por persoal da asociación Anhida Coruña e está especialmente orientada a pais e nais con fillos e fillas escolarizados en educación secundaria.
O relatorio dará comezo ás 18 horas nos baixos da alameda. Para inscribirse as persoas deberán chamar previamente ao teléfono 981 680 002 (extensión 3).