Congreso escolar polas Igualdades. Antecedentes

Dende o ano 2012 o IES Maruxa Mallo de Ordes caracterízase por promover a igualdade de xénero entre a comunidade educativa que integramos o Centro.

Entre outras actividades, a parte de promover unha educación transversal e integradora en todos os niveis, a Comisión de Igualdades do Centro, organizou diferentes actos ao longo destes últimos anos, entre os que salientamos os seguintes:

  • actos públicos e abertos a toda a comunidade escolar o 25N e o 8okM;
  • celebración do Día da Muller en 6 edicións diferentes (é o antecedente inmediato do Congreso), dedicados a temas específicos (dereito ao voto, dereito á educación, igualdade laboral -ao  que foi invitada a agora ministra Yolanda Díaz-, e, entre outros, a muller e as artes;
  • concesión dos Premios Maruxa Mallo a unha persoa que saliente polo seu compromiso na loita pola igualdade de xéneros; e, entre outras actividades menores;
  • organización do Congreso escolar polas Igualdades.

V Congreso polas Igualdades

En ocasións anteriores o Congreso celebrouse na Casa de Cultura do concello de Ordes e no ano 2021 realizouse de xeito virtual, cunha pequena actividade presencial, nas instalacións do IES. Este año, o Congreso celebrarase nun sitio diferente:

  • Lugar: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
  • Día: 7 de marzo de 2022.
  • Hora: 11:00 – 13:30 (pode variar: 10:45-13:15).

Nesta ocasión, a falta de concreción definitiva, el Congreso terá a seguinte estrutura:

  • Inauguración, a cargo das autoridades (están invitadas: Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, alcalde de Ordes, concelleira de Educación e Igualdade do Concello de Ordes, deputada de Igualdade da Deputación da Coruña e ministra de Igualdade);
  • desenvolvemento do Congreso: relatorios sobre diferentes cuestións relativas á igualdade (As desigualdades matan, Tempo de Cereixas…); representación dramatizada sobre a opresión da muller; 'performance'..., un feixe de actividades realizadas por alumnas e alumnos de 1º a 4º de ESO… (en vindeiros días enviarase cartel e tríptico do Congreso);
  • ao longo do Congreso, ademais, entregarase o premio Maruxa Mallo e entregaranse os agasallos ás persoas gañadoras do Concurso de Microrrelatos 25N, visualizarase o vídeo da performance que tivo lugar no Centro o 25N -que ao implicar a todo o alumnado non viron o acto no seu conxunto- e entrega de diplomas;
  • Clausura: dependendo de cando confirmen a súa asistencia as autoridades poderían participar na Inauguración ou na Clausura; en todo caso, isto concretarase nos vindeiros días.

A esencia do Congreso: un proxecto didáctico transformador Malia que existe un comité organizador do V Congreso integrado por catro docentes do Centro (Charo Fernández Vello, Susana Méndez Leis, Tamara Jiménez Quirós e Alfredo Iglesias Diéguez), a esencia deste Congreso é a implicación do alumnado, sobre todo de alumnas, na organización e desenvolvemento do Congreso, do que son
protagonistas.

Neste sentido, cómpre salientar que é o alumnado quen se responsabiliza, coa súa participación e a súa implicación, na marcha e no éxito do Congreso. De feito, é o alumnado quen se organiza en comisións para garantir a organización e desenvolvemento do Congreso:

  • comisión de organización (encárganse de que el Congreso funcione: coordinación…);
  • comisión de comunicación (encárganse da comunicación cos medios de comunicación e da divulgación das convocatoras entre o alumnado participante no Congreso e polas aulas do Centro…);
  • comisión técnica (luces, son, gravación, acomodación…);
  • comisión de contidos (persoas encargadas de relatorios, performance, cancións…), xa que son as propias alumnas e alumnos quen realizan os relatorios, participan nas performances….

Por todo isto, consideramos que o Congreso é un proxecto no que as alumnas e os alumnos asumen responsabilidades e compromiso, polo que pensamos que é unha experiencia (esta é a V edición do Congreso e antes celebramos varios Días da Muller cun contido semellante, polo que podemos afirmar isto coa debida perspectiva histórica), de gran contido pedagóxico en materia de integración, cooperación e igualdade. Como dicimos habitualmente, non é tan importante como quede formalmente o Congreso senón o que aprenden ao organizalo…

En definitiva, pódese afirmar que este Congreso é a culminación de 10 anos traballando a igualdade, denunciando a violencia de xénero…, formando cidadanía crítica e comprometida.

O ano pasado un grupo de estudantes de xornalismo cubriron o Congreso; nestes enlaces pódense ver os seus traballos:

V CONGRESO ESCOLAR POLAS IGUALDADES