O DOG de hoxe publica a resolución ditaminada por parte da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, co fin de promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos específicos.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución na que se informa da adxudicación dun esparexedor de sal a agrupación de Concellos de Ordes-Frades. Unha adxudicación realizada por parte da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior pertencente á Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, en base a equipamentos de emerxencia a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións. 

A dita dotación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, englobado no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-20. Máis concretamente fundaméntase no denominado eixe 5, a través do que se quere promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos específicos. O obxectivo principal pasa “por garantir unha resiliencia fronte a catástrofes desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes”.