O sábado tivo lugar en Ordes unha xornada contra a violencia de xénero organizada polo GDR da Comarca de Ordes (ASDECOMOR) e a Mancomunidade de Ordes, e que contou coa colaboración e o financiamento da Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Emprego e Igualdade e do Medio Rural, así como do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A xornada comezou cunha  andaina contra a violencia de xénero que percorreu o tramo do camiño inglés que une Buscás con Poulo ao seu paso polo Concello de Ordes, na que participaron ao redor de 70 persoas de tódalas idades que representaban aos 7 concellos da nosa Comarca.

De seguido, proxectouse no Museo do Traxe de Ordes o documental “Murmurios de Silencio”, no que as protagonistas son 10 mulleres da contorna.
    
Os actos remataron coa lectura dun manifesto conxunto contra a violencia de xénero, de xeito simultáneo cos outros 23 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) da nosa Comunidade Autónoma, e unha conexión online momento online co resto de GDR.

Asdecomor organizou o sábado unha andaina e xornada contra a violencia de xénero