MANEXO DA OFICINA VIRTUAL DE GANDARÍA (OVGAN) E DA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA
XORNADA FORMATIVA SOBRE OS ASPECTOS BÁSICOS DE MANEXO DA OFICINA VIRTUAL DE GANDARÍA (OVGAN) E DA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA.
CÓDIGO DA ACCIÓN FORMATIVA: FC2021F127069.
Para persoas adicadas ó sector primario ou con expectativa de incorporación.
Envíar o formulario adxunto debidamente cuberto ao seguinte enderezo: marcos.gandara@ordes.gal
PRAZO ABERTO ATA COMPLETAR PRAZAS.

O Concello de Ordes pon en coñecemento de toda a veciñanza a futura realización dunha xornada formativa sobre os aspectos básicos para o correcto manexo da Oficina Virtual de Gandaría e da sede electrónica da Xunta.
Está especialmente dirixida ás persoas con actividade profesional no sector primario ou para as que teñan prevista a súa incorporación. Para a tramitación da reserva de praza haberá que cubrir debidamente o formulario xa dispoñible tanto na web como nas redes sociais do Concello. O correo electrónico ao que se debe enviar é: marcos.gandara@ordes.gal.
Unha vez se inscriba o número mínimo esixido para a realización do curso darase conta da data de realización.