Logo das actuacións de mellora do firme realizadas o pasado verán na AC409 (Ordes-Cerceda) por parte do servizo provincial de estradas da AXI, dende o PP.QQ. 7 ao límite con Cerceda; a nova sinalización horizontal prohibe os xiros a esquerda para determinadas incorporacións a vía autonómica desde algunhas vivendas, fincas particulares onde se realizan labouras agrícolas, e a saída principal do núcleo de Vilasenín. Trátase de un tramo con varias curvas, onde nos pasados anos aconteceron varios accidentes con saída de vía, e que coa nova sinalización horizontal conleva que varios veciños teñan que empregar rutas alternativas ou ampliar as distancias a recorrer para poñerse no sentido da marcha que necesitan. 

Un informe da policia local de data 3 de novembro remitido desde o Concello a AXI (A Coruña) esta mesma semana, propón unha maior limitación de velocidade para acadar seguridade ao tráfico no tramo referido, limitando dita velocidade dos 90 actuais ata 70 km/h, o cal redundaría na maior seguridad nos cruces de vehículos en unha e outra dirección, así como no que atañe a circulación de peatóns polo punto, podendo asimesmo permitirse os xiros actualmente prohibidos, sempre e cando se realicen en condicións de total seguridade.

O Concello de Ordes solicitalle a AXI que reduza a velocidade na AC409 en Vilasenín (Leira) de xeito que permita recuperar os xiros a esquerda