Do 14 ao 17 de decembro a unidade móbil da Policía nacional prestará o seu servizo no último andar da Casa da Cultura en horario de mañá

A unidade móbil de renovación e expedición do DNI prestará o seu servizo en Ordes do 14 ao 17 de decembro. As persoas interesadas deberán solicitar a súa quenda a partir do 1 de outubro chamando ao Concello (981 680002) ou ben acudindo presencialmente ao rexistro municipal. Como é habitual o servizo ofrecerase no último andar da Casa da Cultura en horario matutino.

Debido á situación sanitaria vai ser necesario o uso de máscara e a desinfección de mans na entrada. Co fin de cumprir coas normas sanitarias  habilitarase o auditorio como zona de espera e o acceso á zona de atención ao público será de forma individual, polo que se esixe puntualidade. Tanto o público como os axentes do Corpo Nacional da Policía disporán de anteparos de protección.

A partir do vindeiro mes xa se poderá reservar quenda para renovar o DNI en Ordes